RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Encontro co activista Alfredo Okenve, Premio franco-alemán de Dereitos Humanos

19/12/2019 O concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, recibiu a Alfredo Okenve, Premio franco-alemán de Dereitos Humanos e Estado de Dereito no ano 2018. No acto tamén participaron a primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón; o edil popular José Antonio Constenla; a concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra e a voceira do BNG, Goretti Sanmartín.

Alfredo Okenve é unha das 15 persoas que recibiron o Premio franco-alemán de Dereitos Humanos e Estado de Dereito no ano 2018, pero non puido recoller o galardón porque lle requisaron o pasaporte e non lle permitiron viaxar dende o seu país, Guinea Ecuatorial. É físico, mestre e un destacado defensor dos dereitos humanos. Ten denunciado as prácticas corruptas e as violacións dos dereitos humanos en Guinea Ecuatorial, especialmente en relación ás industrias extractivas.

Compartir: