ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibiu o profesor José Rivas
08/11/2019 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres con José Rivas, catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da USC.
Xosé Sánchez Bugallo e José Rivas falaron sobre o recoñecido labor docente e investigador de quen foi o primeiro director responsable da creación e posta en marcha do Instituto Ibérico de Nanotecnoloxía en Braga, organismo internacional creado por España e Portugal para a investigación da nanociencia e da nanotecnoloxía. O alcalde pon habitualmente este organismo como modelo a seguir en materia de colaboración universitaria en I+D.