COMERCIO

Iniciado o proceso de selección dos 30 establecementos candidatos a albergar a mostra "Comercio Emblemático 2019"

25/02/2019 O Concello convoca o comercio de Santiago para a súa participación na exposición Comercio Emblemático 2019: algo máis que mercar. Seleccionaranse 30 establecementos que acollerán nos seus escaparates, dende finais do mes de marzo, fotografías que reflicten a historia da actividade comercial compostelá. Para poder participar cómpre formalizar unha solicitude neste enlace.

A mostra en escaparates consistirá na colocación de imaxes históricas, montadas sobre paneis (un panel por establecemento) con medidas adaptables a cada comercio. A selección realizarase seguindo dous criterios: a data de rexistro de entrada das solicitudes e máis a idoneidade dos escaparates como espazo expositivo.

A terceira edición da campaña Comercio Emblemático inaugurarase o mércores 27 de marzo. Ademais dos 30 establecementos, a mostra inclúe tamén unha exposición na Carreira do Conde.

A selección de Comercio Emblemático 2019 estase a levar a cabo esta semana, mediante votación das asociacións de comerciantes e entidades relacionadas co comercio en Santiago. Concorren establecementos nas categorías de ferretería, menaxe e electrodomésticos; mercería; librería e papelería; moda, calzado e complementos; alimentación; industria; servizos e farmacia; e ourivería e artesanía.

Direcciones relacionadas



Compartir: