EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A programación didáctica incorpora dous roteiros para visitar espazos onde viviron os protagonistas do Banquete, ao mesmo tempo que incorpora outro máis longo polo propio barrio de Conxo. A unidade didáctica fai un percorrido pola historia ou a política da Compostela de mediados de século XIX. Tamén inclúe imaxes da época e fragmentos dos brindes que se levaron a cabo durante a celebración do Banquete.
O Banquete de Conxo de 1856. A confraternización como símbolo é a terceira unidade didáctica da colección Coñecer Santiago, cidade educadora, lanzada pola Concellaría de Educación e Cidadanía. Antes xa se publicaran Brundibar e O soño roto. En breve editaranse outras unidades sobre María Miramontes ou Maruja Mallo.
Os institutos de Santiago seguen traballando sobre o Banquete de Conxo
18/04/2018 Os institutos de Santiago de Compostela continúan a traballar durante este mes de abril en torno á programación didáctica O Banquete de Conxo de 1856. A confraternización como símbolo, realizada por Alfonso Iglesias, profesor de Historia da Universidade do Porto e membro do grupo Hispona da Universidade de Santiago.
O autor da unidade didáctica e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitaron este martes o IES Eduardo Pondal, un dos centros nos que se está traballando sobre este acontecemento histórico do Banquete de Conxo. O Concello editou 1.500 exemplares que distribuíu por todos os institutos de Compostela.A programación didáctica incorpora dous roteiros para visitar espazos onde viviron os protagonistas do Banquete, ao mesmo tempo que incorpora outro máis longo polo propio barrio de Conxo. A unidade didáctica fai un percorrido pola historia ou a política da Compostela de mediados de século XIX. Tamén inclúe imaxes da época e fragmentos dos brindes que se levaron a cabo durante a celebración do Banquete.
O Banquete de Conxo de 1856. A confraternización como símbolo é a terceira unidade didáctica da colección Coñecer Santiago, cidade educadora, lanzada pola Concellaría de Educación e Cidadanía. Antes xa se publicaran Brundibar e O soño roto. En breve editaranse outras unidades sobre María Miramontes ou Maruja Mallo.