NADAL

Máis actividades e diversión durante o día de Nadal

24/12/2017 Despois dunha fin de semana chea de actividades, entre as que destacaron as artes escénicas da man de Pistacatro e Candido Pazó, a ruada do Apalpador e a actuación do coro de Compostela en Escena, no día de Nadal continúan algunhas das actividades máis populares da programación, como a pista de xeo e o Belén de San Fiz.

As risas dos máis pequenos e pequenas, e dos que non o eran tanto, encheron os auditorios da Sala Augustín Magán e do CSC de Castiñeiriño grazas as actuacións de Pistacatro Produtora de Soños e Candido Pazó, respectivamente. Foi a través de divertidos números de escapismo no caso da primeira, e a través da narración oral no caso do segundo.

Moito talento, como o que amosaron as rapazas e rapaces do coro de Compostela en Escena o venres na praza do Toural e na praza Roxa, interpretando temas moi coñecidos de cantantes como Lady Gaga ou Adele.

Música e festa foi o que espallou o Apalpador na súa ruada de venres. O carboeiro comezou a súa andaina na Gentalha do Pichel e percorreu varias rúa da cidade regalando castañas á cativada. Rematou no Toural, arrodeado de xente e cantando temas tradicionais.

Horarios especiais
Mañá luns, 25 de decembro, algunhas das actividades da programación de Nadal pecharán as súas portas ao público. É o caso do Espazo Creativo do Mercado de Nadal. Con todo, o Mercado continúa aberto en horario especial de 18:00 a 21:30 horas. Consulta a información sobre os 87 comercios e artesáns participantes e a programación completa en comercio.santiagodecompostela.gal. A exposición De tendas: o comercio, emblema dunha cidade tamén estará pechada mañá luns. O Carrusel situado na praza do Obradoiro tampouco estará en funcionamento mañá luns.

Pola súa parte, o Belén de San Fiz abrirá as súas portas en horario especial, só pola tarde, de 18:00 a 21:00 horas. A pista de xeo situada na Alameda permanecerá aberta no seu horario do período vacacional. É obrigatorio o emprego de luvas. Ademais, pódense concertar entradas para grupos escolares e outros colectivos no teléfono 699 811 705.

Direcciones relacionadas



Compartir: