ALCALDÍA

Martiño Noriega felicitou o Nadal ao persoal municipal e aos xubilados neste 2017

19/12/2017 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu a tradicional recepción de Nadal aos traballadores e traballadoras do Concello e dos diferentes organismos autónomos e empresas públicas vinculados ao mesmo. Ademais, entregáronse as placas ás persoas xubiladas en 2017, de xeito que puideron recibir a homenaxe dos compañeiros e compañeiras cos que compartiron tantos anos.

Tras a intervención do alcalde; do secretario municipal, José Ramón Alonso, e do seu predecesor no cargo, Javier Castiñeira, realizouse a entrega de placas ás 13 persoas xubiladas neste 2017: Juan Carlos Rouco Santos (porteiro-conserxe), Alfredo Carril Bello (uxier), Albino Castro Martínez (músico da BMM), Antonio Liñares Pachón (bombeiro-condutor), Manuel Cereijo Fernández (cabo do Servizo de Extinción de Incendios), José Manuel Vázquez Sánchez (bombeiro-condutor), Serafín Castro Martínez (músico da BMM), Xesús Martínez Sánchez (sarxento do Servizo de Extinción de Incendios), Juan José Rodríguez Pol (ATS socorrista), Manuel Vilela Fernández (bombeiro), José Ramos Rey (policía local), José Ramón Ruanova Iglesias (inspector da Policía Local) e Francisco Javier Castiñeira Izquierdo (secretario Xeral do Pleno).

Compartir: