MEDIO AMBIENTE
A Concellaría de Medio Ambiente vai aplicar un tratamento preventivo na outra Ginkbo biloba do mesmo parque, se ben as análises realizadas non apuntan á existencia de ningún problema nesa árbore.
Tallada a árbore do parque de Fonseca que presentaba risco de derrubamento
09/10/2017 Esta mañá foi tallada a árbore do parque de Fonseca que corría risco de derrubamento polo seu mal estado, e que obrigou a manter este espazo pechado ao público nas últimas semanas.
A especie tallada era un Ginkbo biloba centenario, dunha altura de máis de 22 metros. As súas raíces estaban en estado de descomposición pola acción de fungos xilófagos, e a ramaxe estaba tamén seca. Contaba coa declaración de "árbore singular" por parte da Xunta de Galicia, polo que foi a Administración autonómica quen tivo que autorizar a talla, despois do informe presentado polo Concello en coordinación coa Universidade de Santiago.A Concellaría de Medio Ambiente vai aplicar un tratamento preventivo na outra Ginkbo biloba do mesmo parque, se ben as análises realizadas non apuntan á existencia de ningún problema nesa árbore.