TURISMO

A segunda edición de "Santiago Paixón Doce" incrementa a participación de establecementos

22/03/2017 O programa "Santiago Paixón Doce" naceu o ano pasado da man de Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela para promocionar a tradición dos doces típicos da Semana Santa compostelá.

A segunda edición de "Santiago Paixón Doce", que se celebrará do 7 ao 17 de abril, contará con 29 locais participantes, nove máis que o ano pasado, que incluirán nas súas súas cartas produtos e preparacións doces tradicionais da Semana Santa, como torrixas, leite fritida, buñuelos, rosquillas, melindres, rosca, chocolates "de paixón", tortas ou doces conventuais.

Os doces típicos poderán tomarse como sobremesa, tras as comidas ou ceas, ou incluso na propia barra dos restaurantes e cafeterías, sen ter que pedir un menú. Nesta segunda edición tamén se abriu a participación a outro tipo de locais como confeiterías, panaderías ou reposterías.

Na primeira edición, programa piloto que se celebrou na Semana Santa do ano pasado houbo 20 locais participantes, nos que se consumiron máis de 1.300 doces. Coa apertura a outros sectores, o evento pretende acadar unha maior dimensión e chegar a un maior público, tanto de visitantes como de poboación local.

Os estabelecementos participantes son: Bicoca, Metate, O Celme do Caracol, Los Caracoles, Cre-Cotte, Casino, Cervantes, Airiños Aires, Enxa, Rey, Stollen, A Charca, Góndola, Góndola II, A Grella, Herma Pastelería, La Alacena de Cris, Farggi, Don Quijote, Pastelería Ébano, Pan da Moa, A Curtiduría, Reno e Taberna de Montes.

"Santiago Paixón Doce" está organizado conxuntamente por Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela. O obxectivo do evento é triplo: dinamizar o consumo nos locais de Santiago durante a Semana Santa, consolidar a cidade como destino turístico gastronómico apoiándose nos produtos propios e elaboracións típicas de tempada, e poñer en valor a tradición larpeira da cidade máis aló da Tarta de Santiago. Na edición do ano pasado, concibida como un programa piloto, participaron 20 estabelecementos que serviron máis de 1.300 doces.

Compartir: