CENTROS SOCIOCULTURAIS

"Imos de excursión" achéganos nove viaxes por Galicia e Portugal neste 2017

22/03/2017 A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, deu conta esta mañá das excursións programadas para este 2017 dentro do programa organizado por Centros Docioculturais e que leva por nome "Imos de excursión" .Xa está aberta a inscrición para a primeira delas, á Ribeira Sacra o vindeiro domingo 2 de abril

Concha Fernández informou de que "haberá un total de 9 visitas a diferentes lugares de Galicia e norte de Portugal con prezos reducidos e cunha programación ampla e variada". Así, a primeira das excursións será á Ribeira Sacra o vindeiro domingo 2 de abril. A inscrición xa se pode realizar nos CSC de Fontiñas, Vite, Conxo, Ensanche, Castiñeiriño e Santa Marta.

As excursións programadas terán lugar un domingo de mes, agás abril que disporá de dúas mensuais e novembro que será o mércores día 1. Os lugares elixidos son a Ribeira Sacra, Illas Atlánticas, Ourense Outariz, Ourense Chavasqueira, Costa da Morte, Costa Norte de Portugal, Ribadavia, Festa de Santos de Monterroso e Nadal en Portugal.

Ribeira Sacra
A primeira excursión ten como destino a Ribeira Sacra e inclúe autocar, almorzo, visita a adega, paseo en tren turístico polos canóns do Sil, visita ao Ecomuseo de Anxeriz e guía acompañante durante todo o percorrido.

As persoas que participen coñecerán tamén a cidade de Monforte de Lemos, capital da Ribeira Sacra. Conta cun interesante casco hstórico onde destaca a xudería, a Praza de España e o Pazo Condal, residencia señorial dos Condes de Lemos convertido hoxe en día nun Parador de Turismo.

As inscricións están abertas dende o 21 de marzo. Máis información nos Centros Socioculturais da cidade e en www.santiagosociocultural.gal

Documentos relacionados



Compartir: