ALCALDÍA

O Concello desminte a súa colaboración coa concentración moteira convocada para o 10, 11 e 12 de marzo

23/02/2017 O Concello de Santiago quere desmentir que colabore na organización dunha concentración moteira en Compostela para os días 10, 11 e 12 marzo, tal e como se da a entender nos carteis que circulan pola cidade, así como no enderezo electrónico da asociación organizadora moterosdecompostela.com.

Parécenos de extrema gravidade que unha asociación utilice o logo do Concello para darlle difusión a un evento que organizan de forma unilateral, usando ademais o nome da institución co obxectivo de recadar cartos para a súa celebración.

Por iso e diante das dúbidas xeradas ante a súa xestión e do escrito remitido ao Concello por parte da asociación Moto Club Compostela, decidiuse revogar a autorización de uso do espazo público concedida no seu día.

O Concello de Santiago deslígase da celebración deste evento e reserváse a posibilidade de cursar as accións legais que considere oportunas polo uso ilexítimo do logo da institución.

Compartir: