POLÍTICAS SOCIAIS E DIVERSIDADE

Compostela súmase á celebración do Día Internacional da Diversidade Funcional

02/12/2016 O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, data que se conmemora dende a aprobación da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade no ano 2006. Este tipo de días serven para conmemorar, reivindicar e exixir o respecto dos dereitos das persoas con diversidade funcional, comezando polo dereito a unha inclusión social plena e a práctica dunha vida independente.

Este ano 2016 conmemóranse os 10 anos desta Convención, polo que o Concello entende que é unha boa ocasión para traer á axenda pública que todas as persoas somos iguais en dereitos e oportunidades, tendo diversidade de capacidades.

A ONU centra neste 2016 a celebración en promover os 17 obxectivos de desenvolvemento sostible necesarios para alcanzar o futuro que queremos nun mundo máis inclusivo e igualitario para todas as persoas.

Ademáis e co gallo desta celebración, o Pazo de Raxoi iluminarase coas cores do arco da vella dende as 20:00 horas do día de hoxe e ata a mañá do sábado 3 de decembro.

Compartir: