ALCALDÍA
No corazón do Museo do Prado
A exposición está localizada nun espazo moi especial do Museo do Prado, a cripta do edificio de Juan Villanueva, onde habitualmente se expoñen obras da colección medieval e do primeiro Renacemento. A mostra está estrutura en catro ámbitos temáticos: o Mestre Mateo, a fachada do Pórtico da Gloria, o coro pétreo da Catedral, e a Catedral, Pórtico de Galicia. Para pechala, poderase ver unha imaxe do conxunto do Pórtico da Gloria e as letras que Rosalía de Castro lle dedicou ao Mestre Mateo no seu Follas Novas.
A exposición sobre o Mestre Mateo, comisariada por Ramón Yzquierdo, poderase visitar no Museo do Prado ata o 26 de marzo de 2017.
Inaugurada a exposición sobre o Mestre Mateo no Museo do Prado
29/11/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu este luns no Museo do Prado á inauguración da exposición sobre o Mestre Mateo organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes e a Fundación Catedral, en colaboración coa Consellería de Cultura, Turismo de Galicia, a Deputación da Coruña, e o Consorcio de Santiago. É a primeira vez que o museo madrileño lle dedica unha exposición a un autor galego.
A mostra monográfica permite coñecer un período dourado na historia da Catedral de Santiago, entre os anos 1168 e 1211, a través dunha ducia de pezas. Unha delas é a escultura que foi descuberta recentemente, durante as obras de restauración da basílica.Tamén viaxaron ao Museo do Prado obras do Museo da Catedral, doutros centros e de coleccións privadas que por primeira vez se expoñen fora de Galicia.No corazón do Museo do Prado