ACCIÓN CULTURAL

"While the women are sleeping", este xoves en Cineuropa

23/11/2016 A programación deste xoves en Cineuropa trae a proxección de While the women are sleeping (Mentres elas dormen). Ademais, chega a tradicional película sorpresa. Ao longo do día ofreceranse pistas a través das redes sociais para incrementar (ou minguar) a intriga.

O último de Wayne Wang, director de Smoke e Blue in the face entre outras, teno todo para atraer ao público cinéfilo de Cineuropa. O director chinés sorpréndenos desta vez cunha adaptación do relato homónimo de Javier Marías protagonizado por Takeshi Kitano.

O filme narra a obsesión de Kenji, un escritor de vacacións nun hotel da costa, por unha parella de idade moi diferente que se aloxa no mesmo hotel. A historia serve a Wang para formular un apaixonante e elegante mostra de cine de suspense.

No Teatro Principal, ás 22:00 horas, proxectarase, como xa é tradición, unha película sorpresa. Ao longo do día ofreceranse pistas a través das redes sociais para incrementar (ou minguar) a intriga. E tamén teremos o primeiro pase do Cineuropa Infantil ás 11:00 horas no Teatro Principal, onde nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria de diferentes escolas de Santiago poderán ver o filme Ma vie de Courguette.

Proxectarase de novo Safari, de Ulrich Seidl, valorado cun 6,27 polo público (no Salón Teatro ás 18:15 horas); e serán os últimos pases de Ma Loute, de Bruno Dumont (no Salón Teatro ás 20:00 horas); Yourself and yours (O teu e ti), de Hong Sang-soo (no mesmo Salón Teatro ás 22:15 horas); Siete instantes, de Diana Cardozo (Teatro Principal ás 16:45 horas); El caso boliviano, de Violeta Ayala, valorada cun 7 polo público (Principal ás 18:30 horas); e El futuro perfecto, de Nele Wohlatz, valorada polo público cun 6,50 (no Cinema Numax ás 20:15 horas).

Direcciones relacionadas



Compartir: