ALCALDÍA

O alcalde recibiu a Asociación Palestino-Andalusí para la Infancia

23/11/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi o presidente da Asociación Palestino-Andalusí para la Infancia, Rafael Aldeahuela, e a súa directora de Eventos, Vanesa Celestino.

A Asociación Palestino-Andalusí para la Infancia ten entre os seus obxectivos prestar axuda médica, sanitaria e social aos nenos que viven nos campos de refuxiados palestinos no Líbano. Os integrantes da ONG explicáronlle ao alcalde algúns dos seus proxectos en marcha.

Compartir: