PATRIMONIO

O Grupo Cidades Patrimonio celebra a súa Asemblea Xeral esta fin de semana

22/11/2016 A primeira tenente de alcalde, María Rozas, participará este sábado en Cáceres na Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade. Previamente, na tarde do venres, celebrarase unha Comisión Executiva preparatoria da reunión e, posteriormente, ás 20:00 horas, entregarse o Premio Patrimonio á Real Fundación de Toledo.

O Premio Patrimonio outorgouse o pasado mes de maio á Real Fundación de Toledo polo seu mecenado e compromiso coa recuperación e conservación do patrimonio da cidade de Toledo. Este galardón outorgado polo Grupo de Cidades Patrimonio é o recoñecemento público ao labor levado a cabo no ámbito da conservación, restauración, promoción e difusión do patrimonio histórico e cultural español.

O Premio valora o mellor proxecto executado en materia de conservación o restauración, tendo en conta os criterios de calidade de los proxectos, a súa execución material e adecuación ao contexto urbano, así como a súa función de revitalización social do conxunto histórico e a súa aplicación como modelo a outros conxuntos, especialmente os declarados Patrimonio da Humanidade.

Entre os premiados de anteriores edicións está a Fundación do Patrimonio Histórico de Castela e León, o Concello de Morella, a Fundación Santa María la Real, a Fundación Barrié, a Fundación Las Edades del Hombre e a Administración de Intramuros (Manila, Filipinas).

Compartir: