ALCALDÍA

Martiño Noriega recibiu a activista mauritana Aminetou Mint El Mokhtar

18/11/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse coa activista mauritana Aminetou Mint El Mokhtar, que está en Galicia convidada por la ONG Tierra de Hombres, coa que colabora no programa Petites Bonnes.

Defensora dos dereitos da muller e da infancia, Aminetou Mint El Mokhtar preside a Asociación de Mulleres Cabeza de Familia de Mauritania, dende a que loita pola igualdade e contra calquera forma de discriminación, principalmente contra os abusos que sofren as mulleres e nenas a través do matrimonio precoz, a explotación laboral ou as violacións sexuais.

Compartir: