ACCIÓN CULTURAL

O actor Nathan Willcocks visitou Cineuropa

15/11/2016 Este martes, Cineuropa recibiu o actor, director e produtor franco-galés Nathan Willcocks, que se achegou ao festival para presentar Compte tes blessures, a ópera prima do novo e prometedor Morgan Simon.

O filme céntrase en Vincent, un mozo que se atopa perdido entre un traballo que non lle gusta e unha complexa relación co pai. Sobre a película, Willcocks conversou co público ao remate da proxección no Salón Teatro.

Compartir: