ALCALDÍA E TURISMO
O traballo dos artistas en Compostela Ilustrada terá cinco eixos temáticos: Santiago dende as alturas, para debuxar o centro histórico dende os edificios máis altos ou con mellores vistas; os santiagueses, para recoller escenas en locais emblemáticos coma o Casino, o Derby ou o Gato Negro; a Alameda, os ríos e a Cidade da Cultura. A maiores das clases maxistrais, haberá unha quedada onde público e autores debuxarán e compartirán experiencias.
Despois das xornadas, haberá unha exposición sobre os cadernos de viaxe dos autores invitados, acompañada por unha mostra de cadernos de viaxe físicos do movemento Urban Sketchers.
Aberto o I Encontro de Cadernos de Viaxe "Compostela Ilustrada"
10/11/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugurou o I Encontro Internacional de Cadernos de Viaxes Compostela Ilustrada, que se celebra ata o vindeiro domingo. No acto, celebrado na Fundación Torrente Ballester, tamén participaron a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o ilustrador Miguelanxo Prado e a concelleira de Turismo, Marta Lois.
Debuxantes de prestixio internacional reúnense en Santiago para recrear Compostela dunha maneira orixinal e diferente nos seus cadernos de viaxe. A francesa Catel Muller, o hispanoarxentino Jorge González, a sevillana Inma Serrano (unha das artistas máis activas nos grupos de Urban Sketchers nas redes sociais) ou o aragonés Sagar Forniés son algúns dos nomes encargados das clases maxistrais teóricas e prácticas, nas que participarán como invitados outros coñecidos debuxantes.O traballo dos artistas en Compostela Ilustrada terá cinco eixos temáticos: Santiago dende as alturas, para debuxar o centro histórico dende os edificios máis altos ou con mellores vistas; os santiagueses, para recoller escenas en locais emblemáticos coma o Casino, o Derby ou o Gato Negro; a Alameda, os ríos e a Cidade da Cultura. A maiores das clases maxistrais, haberá unha quedada onde público e autores debuxarán e compartirán experiencias.
Despois das xornadas, haberá unha exposición sobre os cadernos de viaxe dos autores invitados, acompañada por unha mostra de cadernos de viaxe físicos do movemento Urban Sketchers.