TURISMO
O evento, que conta con preto de 5.000 expositores de 182 países e 50.000 compradores especializados, ademais de 100.000 visitantes, é unha oportunidade única para contactar e pechar tratos cos maiores compradores europeos e mundiais de turismo cultural e de congresos, así coma medios de comunicación de todo o mundo.
Turismo de Santiago ocupa na WTM un espazo dentro do stand de Turismo de Galicia e cumprirá cunha apertada axenda de reunións que inclúe turoperadores, axencias e empresas turísticas de todo o mundo, especialmente europeas e asiáticas.
O mercado turístico británico é o sexto en importancia en Santiago de Compostela, e aportou o ano pasado 38.206 turistas, cifra que se ve incrementada no que vai do 2016 en arredor dun 8%. Ata outubro remataron o Camiño de Santiago 5.910 peregrinos británicos, o que fai do seu país o sétimo mercado estranxeiro en orixe de camiñantes.
Impacto
A WTM de Londres ofrece cada ano unha oportunidade única a toda a industria do turismo mundial de reunirse, establecer contactos, negociar e levar a cabo actividades comerciais. World Travel Market ofrecerá aos seus participantes a oportunidade de coñecer as últimas tendencias da industria do turismo de forma eficiente, eficaz e produtiva.
Santiago volve á feira World Travel Market de Londres
07/11/2016 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, manterán reunións con touroperadores de todo o mundo no marco da WTM de Londres, que se celebra entre o 7 e o 9 de novembro.
Trátase da maior reunión mundial do turismo profesional xunto a outros eventos como a ITB de Berlín ou Fitur. Está estimado que cada edición desta feira xera contratos por valor de 2.200 millóns de euros.O evento, que conta con preto de 5.000 expositores de 182 países e 50.000 compradores especializados, ademais de 100.000 visitantes, é unha oportunidade única para contactar e pechar tratos cos maiores compradores europeos e mundiais de turismo cultural e de congresos, así coma medios de comunicación de todo o mundo.