IGUALDADE

Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista

04/11/2016 A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o últimos asasinato machista, que deixou unha onte unha vítima en Burgos.

Membros da Corporación e traballadores municipais participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada. Tal como vén sucedendo regularmente, volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixaba accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.

A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres asasinadas.

Compartir: