FACENDA

Mañá martes remata o prazo para votar nos orzamentos participativos Compostela Decide

24/10/2016 Mañá martes ás doce da noite rematará o prazo para votar as propostas de investimentos que fixo a veciñanza para os orzamentos participativos Compostela Decide. Calquera persoa censada ou estudante en Santiago pode rexistrarse e votar na web, que explica polo miúdo como facelo. No caso de ser estudante, ademais do rexistro na web, é preciso enviar un correo electrónico a decide@santiagodecompostela.gal coa copia da matrícula no curso 2016/2017.

Calquera persoa, independentemente da área na que estea empadroada ou empadroado (Rural, Sueste ou Nordeste) ou da súa idade (Mocidade), pode votar na área de Cidade.

O prazo para a votación na área de Mocidade, con propostas de actividades dirixidas a este sector da poboación, está aberto ata o 6 de novembro. Poden votar todas as persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. Igual que no caso dos investimentos, hai que escoller dez propostas facendo unha asignación decrecente de puntos, desde 10 ata 1.

Direcciones relacionadas



Compartir: