DEPORTE

Mañá venres comeza o curso "Recoñece a túa excelencia"

13/10/2016 Mañá venres comeza o curso Recoñece a túa excelencia, dirixido a mozos e mozas de Compostela de entre 14 e 16 anos. Aínda queda algunha praza para esta iniciativa, que busca que os/as participantes poidan recoñecer as habilidades coas que contan e explotalas ao máximo.

O curso impartirase un venres á semana durante dous meses e contará ademais cunha actividade práctica, facendo un total de 36 horas. O horario será de 17:00 a 21:00 horas, comezando mañá vernes, 14 de outubro, e rematando o 25 de novembro. A actividade é de balde.

Os/as participantes contarán coas experiencias de oito profesionais do deporte en diferentes disciplinas como o atleta Pedro Nimo; o árbitro da ACB Jacobo Rial; o entrenador do Santiago Futsal, Santi Valladares; o adestrador do Obradoiro, Moncho Fernández; o director de marketing da SD Compostela, Javier Puñal; o campión de Europa de Squash, Borja Golán; o psicólogo, nutricionista e nadador, Daniel Caamaño; e o skater, Marcelo Lusardi.

Direcciones relacionadas



Compartir: