DEPORTE

Compostela será escenario en 2018 do Mundial de Xadrez en categorías inferiores

13/09/2016 Santiago será o escenario do Mundial Sub-8, Sub-10 e Sub-12 de Xadrez no ano 2018. Acordouno onte a Federación Internacional de Xadrez, FIDE, durante a asemblea xeral do seu 87º Congreso, celebrado en Bakú (Azerbaixán). A organización do evento corresponderalle á Federación Española de Xadrez, que propuxo Compostela para albergar este evento.

O Mundial de Xadrez nas categorías Sub-8, Sub-10 e Sub-12 celebrarase do 4 ao 16 de novembro. Segundo os organizadores, prevese a participación duns 2.500 nenos e nenas chegados de todo o mundo.

Compartir: