CONVIVENCIA E EDUCACIÓN

As medidas para evitar os atascos en La Salle esténdense á Escola Infantil de San Roque

13/09/2016 As concellarías de Medio Ambiente e Convivencia e de Educación veñen de mediar para que as nais e pais do alumnado da Escola Infantil de San Roque poidan estacionar de balde no aparcamento de La Salle por períodos máximos de 15 minutos, mentres deixan ou recollen aos seus fillos. Ao igual que no caso do Colexio La Salle, a medida ten como obxectivo evitar os atascos que se formaban na rúa, nos horarios de entrada e saída das aulas.

A rúa de Ramón María del Valle-Inclán viña sufrindo numerosos problemas de tráfico, por mor dos vehículos aparcados en dobre fila. Na súa maioría, eses coches eran de nais e pais que estacionaban por curtos períodos de tempo, pero provocando graves atascos. Agora, a rúa foi convenientemente sinalizada e estase reforzando a presenza policial. Todas as medidas foron adoptadas de acordo coa dirección dos centros educativos e coas ANPAs.

Compartir: