MOBILIDADE

Tussa dá un novo paso cara a municipalización da ORA e do guindastre

08/09/2016 O consello de administración de Tussa aprobou hoxe o informe de viabilidade que avala que a sociedade municipal asuma a xestión da ORA e do guindastre. É un novo paso cara a municipalización do servizo, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulara a actual concesión a Setex Aparqui.

O informe de viabilidade foi aprobado cos votos a favor de Compostela Aberta e do BNG, mentres que PP e PSOE posicionáronse en contra.

O estudo elaborado por Tussa tiña como base unha auditoría externa elaborada por Faura Casas, que tamén avalaba a viabilidade do servizo. A maiores, no expediente figuraba un informe xurídico que sinala que o persoal de Setex Aparqui pode ser asumido por Tussa, pasando a ter a consideración de persoal indefinido non fixo.

Agora, o seguinte paso será completar a documentación sobre o impacto económico da asunción do servizo por Tussa, antes de someter ao Pleno da Corporación a decisión final sobre a municipalización da ORA e do guindastre.

Compartir: