ALCALDÍA

Encontro en Raxoi cos responsables de Médicos sin Fronteras

07/09/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibiron o presidente saínte de Médicos sin Fronteras, José Antonio Bastos; o presidente entrante, David Noguera; e a delegada en Galicia, Asturias e León, María Díaz Martínez. No encontro tamén participaron o voceiro popular, Agustín Hernández, e a concelleira socialista Milagros Castro.

Os representantes municipais puideron así coñecer de primeira man o labor que esta ONG realiza en diversos lugares do mundo e, en particular, a súa experiencia cos refuxiados.

Compartir: