MOBILIDADE

O concelleiro de Espazos Cidadáns e Mobilidade reúnese mañá coa veciñanza para explicar as novas liñas de autobús

05/09/2016 O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade reunirase mañá martes coa veciñanza, para dar conta do borrador das novas liñas de transporte urbano no que está traballando o seu departamento da man de Tussa. O encontro, aberto a calquera cidadán e cidadá que queira participar, será a partir das 20:15 horas no Auditorio de Galicia.

Jorge Duarte presentaralles aos veciños e veciñas o borrador, que reduce as liñas existentes das 22 actuais a 12, suprimindo os solapes que se rexistran a día de hoxe. As liñas estarán clasificadas por frecuencias, con tres liñas radiais que sumarían case o 70% dos usuarios e que terían un intervalo de paso de dez minutos. A partir delas, deséñanse outras liñas con frecuencias de paso de 20 ou 30 minutos, e con prolongacións á zona rural.

Compartir: