DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Marta Lois destaca a importancia para Santiago do turismo idiomático

05/09/2016 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e unha representación da Corporación recibiron o profesorado de Español como Lingua Estranxeira (ELE) de universidades de Estados Unidos e Canadá que participa no programa de promoción inversa dos Cursos Internacionais da USC. No encontro tamén participou a xerente destes Cursos, Pilar Taboada de Zúñiga.

Marta Lois resaltou a importancia que o turismo idiomático ten para Santiago de Compostela, polo que convidou ao profesorado norteamericano a descubrir todas as vertentes da cidade e a difundilas. Logo, a concelleira acompañou os/as mestres/as nunha visita polas dependencias municipais.

Compartir: