EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O Concello porá en marcha o luns 12 de setembro o servizo de comedores e de madrugadores para o curso 2016-2017

02/09/2016 O Concello de Santiago porá en marcha, o luns 12 de setembro, o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

O servizo de comedores e madrugadores organízase polo concello de Santiago de Compostela no marco dun convenio de colaboración coa Consellería de Educación para prestar un servizo ás familias con menores a cargo, que favoreza a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, a adquisición de valores e hábitos saudables desde a infancia.

Toda a información para as familias atópase no documento adxunto.

Documentos relacionados



Compartir: