MEDIO RURAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL

Comezan as obras de Escarabuña e Pedreira correspondentes ao POS do exercicio 2015

10/08/2016 O concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, deu conta esta mañá do comezo dos traballos na Escarabuña e Pedreira, proxectos contemplados no Plan de Obras e Servizos (POS 2015) da Deputación da Coruña.

En total investiranse 381.970 euros en diversas parroquias do rural do noso concello. Trátase de dous proxectos: o da Escarabuña, adxudicado á empresa Taboada e Ramos por importe de 207.226 euros, e o de Pedreira, adxudicado a Rafer por importe de 174.744 euros.

Así, faranse actuacións grazas ao proxecto da Escarabuña en case 5.000 metros de pistas do rural, actuándose nas parroquias de Santa Cristina e San Xoán de Fecha (pistas de Belén, Vilas, Ponte Vilar, Camouzo e Vilas-Rañoa), Nemenzo (pistas Vilariño, Chorente e Paradela), San Caetano (Escarabuñas-Son, As Pereiras, San Silvestre e Garabal), Peregrina (Marzo de Arriba) e Figueiras (Folgoso).

Do mesmo xeito e, atendendo ao proxecto da Pedreira, actuarase en 4.660 metros de pistas nas parroquias de Villestro, Laraño, Marrozos e Aríns. En concreto, procederase á pavimentación das pistas de Vilaestrexe, Roxos, Silvouta, Laraniño Silvouta, Laraniño Pardiñas (tramo 1 e tramo 2), Sixto, Costa Cacharela, O Cañizo, Lobios, O Xabral e Travesía das Penas.

Compartir: