ALCALDÍA

Martiño Noriega recibe os máis de 200 nenos e nenas que participan no campamento de verán do Centro Don Bosco

01/08/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e varios membros da Corporación recibiron esta mañá no Salón Vermello do Pazo de Raxoi aos máis de 200 nenos e nenas que participan este ano no campamento de verán do Centro Don Bosco, que se celebra do 1 ata o 12 de agosto.

Martiño Noriega explicoulles as orixes do Concello como edificio arcebispal e acompañou os participantes do campamento e aos seus monitores e monitoras polas dependencias municipais. Coñeceron o Salón de Plenos e outras dependencias do Pazo de Raxoi e aproveitaron a presenza do alcalde para facerlle diversas preguntas sobre o funcionamento da Corporación.

O campamento está dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, que durante 12 días realizarán actividades como saídas culturais, obradoiros ou excursións, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Compartir: