FESTAS
Na presentación do encontro participou Yago Rilo, da Asociación Cultural MaisLume, que explicou que un dos obxectivos é amosar que a cultura xamaicana "vai moito máis alá dos clichés máis estendidos, relacionados coas rastas e a marihuana". Nese sentido, explicou as orixes do sound system, que "se remontan ás plantacións xamaicanas nos anos 50, e que logo coa inmigración foron chegando a outros países como Inglaterra". Yago Rilo apuntou que "o dub é a base de toda a música electrónica actual, e chega a todo tipo de xente porque é máis de sentir que de escoitar".
Artistas internacionais
O I Encontro Internacional en torno á cultura xamaicana e o movemento Sound System celebrarase a partir das doce do mediodía no antigo colexio Ramón Cabanillas. Dende esa hora poderanse ver dúas exposicións, relacionada coa temática do evento. A primeira é unha mostra coa obra de Sil Cunningham, unha artista arxentina afincada en Reino Unido que realizou retratos en acuarela das grandes iconas do reggae. A outra é unha exposición coas fotografías da pontevedresa Mousephoto, que leva anos recorrendo todos os eventos musicais relacionados co Sound System.
A programación do encontro continúa a partir da unha cun obradoiro de percusión africana a cargo da asociación Trópico de Grelos, e coa proxección dun documental relacionado coa cultura xamaicana. De seguido, haberá un xantar popular xamaicano de balde. Xa pola tarde, a partir das tres, desenvolverase un obradoiro de Produción e Mestura de Dub, impartido por Javier Vícalo.
Ás catro da tarde comezará a música. Están programadas tres actuacións: Carlton Sheperd e Pupa Congo, de Girona; Kebra Ethiopía Sound, chegados de Sudáfrica e que farán en Santiago a súa primeira actuación en España; e os holandeses King Shiloh, que están por primeira vez en Galicia e por terceira vez en España.
Prevese que esta programación, toda de balde, se prolongue ata as dúas da madrugada. A partir de aí celebrarase unha post-festa organizada por MaisLume na Sala Malatatesta, coas actuacións de Brainless Sound e Antxon Sagardui e cunha entrada de cinco euros.
As festas do Apóstolo, escenario do I Encontro Internacional en torno á cultura xamaicana e o movemento Sound System
21/07/2016 O vello colexio Ramón Cabanillas, no Castiñeiriño, acollerá o sábado o I Encontro Internacional en torno á cultura xamaicana e o movemento Sound System celebrado en Galicia. O evento Compostela Dub 2016, enmarcado nas festas do Apóstolo, está promovido pola Asociación Cultural MaisLume e financiado ao abeiro do proxecto piloto de Orzamentos Participativos na área de Mocidade.
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou hoxe esta cita, "que volve demostrar que a diversidade é unha das máximas que guiou o deseño da programación do Apóstolo". Ademais, a edil puxo o acento en que este encontro axuda a "darlle visibilidade ao traballo que fan os colectivos de Compostela integrados por xente moza".Na presentación do encontro participou Yago Rilo, da Asociación Cultural MaisLume, que explicou que un dos obxectivos é amosar que a cultura xamaicana "vai moito máis alá dos clichés máis estendidos, relacionados coas rastas e a marihuana". Nese sentido, explicou as orixes do sound system, que "se remontan ás plantacións xamaicanas nos anos 50, e que logo coa inmigración foron chegando a outros países como Inglaterra". Yago Rilo apuntou que "o dub é a base de toda a música electrónica actual, e chega a todo tipo de xente porque é máis de sentir que de escoitar".