FESTAS

Noite de blues e góspel na praza da Quintana

20/07/2016 A praza da Quintana viviu outra noite de música, nun concerto protagonizado polo góspel e o blues, da man, respectivamente do New World Gospel Ensamble e da Mo Rodgers Blues Band.

Baixo a dirección de Kelvin Sholar, New World Gospel Ensamble é unha formación que lle rende homenaxe a toda a tradición da música espiritual negra, dende as súas orixes nas plantacións negras ata as súas derivacións máis urbanas. O máis característico da agrupación é que está integrada por cantantes con formación operística, que puxeron o seu talento ao servizo da tradición do góspel. Composteláns e visitantes puideron gozar da súa música e participar con eles nalgunhas cancións.

Logo subiu ao escenario Mo Rodgers, un músico e cantante estadounidense que ten publicados seis discos, e que bebe da influenza do traballo de Aretha Franklin, Bobby Bland, Otis Redding ou Jimmy Reed. Está considerado como un soplo de aire fresco no blues, que combina un gran son funky cunha voz única e orixinal.

A axenda musical desta xornada tamén incluíu un concerto de María Rodés na praza do Toural, dentro do ciclo "Artellando na noite". María Rodés é unha compositora e cantante barcelonesa, que ten publicados dous discos en solitario, Una forma de hablar e Sueño triangular, e un xunto a Andy Poole baixo o nome artístico de Oniric.

Compartir: