FESTAS

A praza da Quintana acolleu a tradicional Xornada de Folclore Galego

16/07/2016 As festas do Apóstolo tiveron este sábado unha das súas citas máis tradicionais, a Xornada de Folclore Galego na praza da Quintana.

Nesta edición participaron Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar e Ultreia. Deste xeito, a actividade, patrocinada polo Centro Comercial As Cancelas, reuniu ás agrupacións máis recoñecidas de Compostela, as catro con moitos anos de traballo en prol da recuperación da música e do baile tradicionais galegos.

Direcciones relacionadas



Compartir: