FESTAS

A pirotecnia valenciá Europlá encargarase dos Fogos do Apóstolo 2016

11/07/2016 A empresa valenciá Focs d´artifici Europlá encargarase da realización dos dous espectáculos pirotécnicos das Festas do Apóstolo, os dos días 24 e 31 de xullo.

Esta mañá celebrouse unha nova mesa de contratación, na que se analizaron os informes técnicos sobre as dúas propostas que cumprían os requisitos para resultaren adxudicatarias, das tres empresas que se presentaron ao procedemento. A firma seleccionada presentou a oferta económica máis vantaxosa, 174.000 euros.

Tamén incluíu unha das melloras contempladas: a repetición do espectáculo audiovisual da noite do 24 noutras tres xornadas durante as Festas. Por último, a oferta de Focs d´artifici Europlá inclúe unha maior duración para o espectáculo pirotécnico, en resposta á demanda de que o espectáculo sexa visto dende máis puntos da cidade, máis alá da praza do Obradoiro.

Compartir: