MOBILIDADE

O 1 de xullo entran en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano

29/06/2016 Como cada ano, o vindeiro 1 de xullo entrarán en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano. Este ano non haberá ningunha modificación con respecto ao pasado período estival, no que xa se fixera unha clara aposta pola mellora nas frecuencias no rural co aumento de servizos na liña P3 (Santa Lucía), na liña 6 e na liña P1 (Figueiras).

Coincidindo co inicio do horario de verán entrará en vigor a peonalización branda de San Pedro, o que suporá que unicamente a liña C11 (Circular de Fontiñas) atravese esta rúa. A liña 13 (Xeneral Pardiñas-Belvís) accederá á zona de Belvís-Quiroga Palacios pola rúa da Ameixaga.

As demais liñas que circulaban por San Pedro desenvolverán o seu percorrido a través das rúas Basquiños, Pastoriza, praza de Camilo Díaz Valiño, avenida Rodríguez Viguri e percorrido habitual. Tamén se habilitan dúas novas paradas en Rodríguez de Viguri, unha no lateral da estación de autobuses e outra na confluencia coa rúa Concheiros. Estes cambios aféctanlle, en concreto, á liña 6 (Os Tilos – San Marcos); liña 9 (Casas Novas – Viso – Cidade da Cultura); liña C6 (Polígono Costa Vella – Amio – Paxonal – Hórreo – Amio – Costa Vella) e liña P4 (Praza de Galicia – Sionlla).

A partir de mañá, 30 de xuño, toda a información sobre os horarios estará dispoñible na páxina web www.tussa.org. Ademais, editaranse folletos informativos que estarán a disposición de usuarias e usuarios nos propios autobuses. A maiores, na aplicación maisbus e no teléfono 901 120 054 infórmase os 365 días do ano no horario de funcionamento do servizo, así como das distintas rutas. Tamén se pode consultar calquera dúbida nos perfís de Twitter e Facebook de Tussa.

Compartir: