EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Preséntase un curso escolar complexo pola aplicación de protocolos de seguridade e hixiene para previr os efectos da pandemia da COVID-19. Estes protocolos afectan aos comedores escolares especialmente no que ten que ver coa distancia de seguridade entre os comensais, así como nas medidas de limpeza, desinfección e a redución do aforo dos espazos.
Toda a información para as familias sobre o servizo atópase incluída nos documentos adxuntos.
SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES NA REDE DE CENTROS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
O CEIP Raíña Fabiola é un dos que conta con servizo de comedor xestionado polo Concello de Santiago.
01/05/2020 INFORMACIÓN XERAL PARA AS FAMILIAS INSCRITAS NOS SERVIZOS
O Concello de Santiago de Compostela puxo en marcha o 10 de setembro de 2020 o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.