EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Manuel Dios asistiu en Madrid á Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España

16/05/2016 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participou este luns na reunión da Comisión de Educación e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, celebrada na sede da Fundación Albéniz en Madrid.

Na primeira parte da reunión fíxose balance do recentemente concluído programa pedagóxico Aula de Patrimonio, no que participaron 400 mozos e mozas de centros de secundaria, que tiveron a ocasión de viaxar e coñecer as 15 Cidades Patrimonio. Tamén se repasou a marcha do III Ciclo "Música de Cámara nas Cidades Patrimonio", a serie de concertos en espazos históricos que concluirá o próximo mes de xuño.

A Comisión tratou tamén, dentro da área das artes plásticas, a continuidade da exposición 15 fotógrafos, 15 cidades únicas nas próximas sedes de Ávila, Córdoba, Mérida, Salamanca e Tarragona, así como o novo proxecto de intervención artística nos centros históricos das 15 cidades, un programa que se presentará proximamente e que se iniciará no outono.

Compartir: