DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Marta Lois explicoulle aos praceiros as condicións para a concesión de dez postos na nave 5 do Mercado de Abastos

16/05/2016 A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, mantivo esta mañá un encontro cos praceiros do Mercado de Abastos para explicarlles polo miúdo o prego de condicións para a concesión de dez postos da nave 5.

O prego establece cinco tipo de actividades a desenvolver nos postos: produtos listos para o consumo baseado no elaborado e semipreparado de peixe e mariscos; bar de zumes e produtos preparados a partir de produto hortofrutícola; produtos listos para o consumo baseado no elaborado e semipreparado de produto cárnico; punto doce baseado na elaboración de repostería tradicional e servizo de cafés e tes para levar; e ultramarinos tradicional baseado na venda do chamado produto seco. En todos os casos, a orixe dos produtos utilizados para a preparación debe ser a Praza de Abastos, e o consumo non se poderá realizar na propia Praza.

Estas condicións son aplicables a un total de dez locais da nave 5. Catro deles teñen un tamaño equivalente ao de dous postos da Praza, outros catro contan cunhas dimensións equivalentes a tres postos, e os dous últimos equivalen en tamaño a catro postos do mercado. Segundo o seu tamaño, os tipos de licitación establecidos no prego oscilan entre os 12.024 e os 24.048 euros.

A concesión farase por un período de 15 anos, que pode ser prorrogado por un período de cinco anos máis, ata un máximo de 50 anos en total. O contrato adxudicarase por procedemento aberto, e o prazo para presentar as solicitudes será de 15 días naturais, a contar dende o día seguinte á data da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, o pasado 9 de maio.

Direcciones relacionadas



Compartir: