ALCALDÍA

Martiño Noriega participou no acto de apertura do Bosque de Galicia

02/05/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou no acto de apertura do Bosque de Galicia, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O Bosque de Galicia conta con máis de 7.000 árbores, un xardín literario e dous parques infantís. Entre as árbores discorrerá unha rede de sendas peonís, cunha lonxitude aproximada de 3.700 metros, sinalizadas e dotadas con mobiliario urbano, peches metálicos e cunhas entradas acondicionadas para que acceda o público, dende a avenida Diego Bernal ou dende a Cidade da Cultura.

Está prevista unha segunda fase que incluirá unha intervención sobre o lago situado ao nordeste da Cidade da Cultura; a rexeneración medioambiental das zonas degradas do monte e a instalación dun sistema de iluminación que realce a arquitectura dos edificios do Gaiás.

Compartir: