ALCALDÍA

Recepción á Compostela Band antes da súa marcha ao IV Festival Nacional de Charangas

03/05/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a Andrés Pérez, da Compostela Band, antes de que partan cara Poza de la Sal (Burgos), onde participarán o vindeiro 7 de maio no IV Festival Nacional de Charangas.

A formación santiaguesa aspira a revalidar os éxitos da anterior edición, cando aínda coa denominación de Charanga Compostela, obtivo o 1º Premio do xurado técnico, o 1º Premio do público e o Premio ao mellor solista.

Compartir: