EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Publícanse as listaxes provisionais de admitidos e de agarda nas escolas infantís de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños

03/05/2016 A Concellaría de Educación e Cidadanía comunica que a Comisión de Baremación e Selección, na súa sesión do 3 de maio de 2016 , elaborou a proposta inicial e acordou facer pública as listaxes provisionais de admitidos, excluídos e listaxes de agarda das escolas infantís municipais de Conxo, das Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2016-2017.

Ábrese deste xeito un prazo de reclamación de 10 días naturais, contados dende a data da exposición destas listaxes no taboleiro xeral do Concello de Santiago e nos das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, así como nesta web municipal.

Os solicitantes que o desexen poderán realizar as consultas que consideren a partir de hoxe no Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago (teléfonos: 981 554 400/401) e efectuar as reclamacións, debidamente documentadas, no Rexistro Xeral (rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou no Rexistro Auxiliar (rúa de Frei Rosendo Salvado nº 14-16) do Concello de Santiago, dende o día 3 de maio ao 12 de maio, ambos os dous incluídos.

A Comisión de Baremación examinará as reclamacións presentadas, de ser o caso, procedendo á exposición da relación definitiva de admitidos/as e da listaxe de agarda, logo da súa aprobación pola Xunta de Goberno Local.

Ademais, a Concellaría comunica que a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar fai tamén pública este martes, ás 14:30 horas, a listaxe provisional de persoas admitidas e de agarda nas escolas infantís de San Roque, Tambre e Tras-Parlamento, escolas coxestionadas co Concello de Santiago de Compostela.

Documentos relacionados



Compartir: