EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Charla co mestre e poeta Antonio Rubio no marco da Campaña de Animación á Lectura

03/05/2016 Este martes, ás 18:30 horas, celebrarase unha sesión formativa para educadores/as na Galería Sargadelos, que leva por título Do berce á lua: o traballo poético na escola, unha charla-encontro co poeta e mestre Antonio Rubio.

O autor reflexionará sobre as estratexias máis axeitadas para fomentar nos nenos e nenas o gusto pola palabra poética dende o seu nacemento: recuperar e ordenar a memoria poética ou recoñecer e utilizar estruturas e recursos da tradición oral. Ademais, falará da evolución dende a poesía tradicional ás novas creacións.

Antonio Rubio
Mestre durante 40 anos e poeta, Antonio Rubio (El Puente del Arzobispo, Toledo, 1953) suma ao seu labor docente e ás actividades en bibliotecas escolares a paixón por ler e escribir. Participa en cursos de animación lectora e de formación do profesorado. Dirixe a colección de poesía Trece Lunas, do selo Faktoría K, e toma parte activa en proxectos de renovación pedagóxica, como Acción Educativa e Pizpirigaña.

É autor de numerosos libros, entre os que destacan Almanaque musical, A merliña, O poliño da abeleira, a colección Do berce á lúa e 7 Llaves de cuento. Outras publicacións súas son Versos vegetales, Tres cuentos de urraca e El murciélago Aurelio.

Compartir: