ALCALDÍA

Martiño Noriega recibe o novo xefe superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez

02/05/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o xefe superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez López. Acudiu acompañado do comisario do Corpo Nacional de Policía de Santiago, Simón Sabariz.

Manuel Vázquez asumiu a xefatura da Policía de Galicia o pasado 4 de abril, polo que o encontro foi unha primeira toma de contacto, na que o alcalde e o comisario principal expresaron a súa vontade de colaboración. Antes de regresar a Galicia (é natural do Incio), Vázquez foi o máximo responsable da Unidade de Delincuencia Económica e Financeira (UDEF).

Compartir: