DEPORTE

Recepción no Pazo de Raxoi á Selección de Guatemala de fútbol sala e a un grupo de adestradores e xogadores xaponeses

05/04/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a Selección de Guatemala de fútbol sala e unha delegación de adestradores e xogadores xaponeses.

A Selección de Guatemala, está en Santiago nunha concentración preparatoria para o Pre-Mundial que disputará en maio. O combinado está dirixido por Tomás de Dios, quen fora adestrador do Santiago Futsal durante cinco temporadas.

Por outra parte, o club santiagués exerce tamén de anfitrión estes días de dous adestradores e tres xogadores da Primeira e Segunda División Nacional de Xapón, que están na cidade para coñecer os métodos de traballo do Santiago Futsal. Esta estancia enmárcase na posta en Xapón polo equipo compostelán dunha das súas escolas deportivas, a Santiago Futsal Talent Factory.

Compartir: