ALCALDÍA

O alcalde e o deán conversan sobre obras menores no Centro de Acollida a Peregrinos

10/03/2016 O alcalde, Martiño Noriega, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi ao Deán da Catedral de Santiago, nun encontro enmarcado na continua colaboración que manteñen as dúas institucións. Segundo Pérez solicitou a xuntanza para informarse sobre varias cuestións relacionadas co Centro de Acollida de Peregrinos de Carretas.

O deán interesouse polas licenzas para unhas obras menores neste edificio, dirixidas a habilitar unha zona de consigna, un espazo de reunións, unhas duchas exteriores e unhas escaleiras de emerxencia. Segundo Pérez tamén lle pediu ao alcalde que o Concello axilice a instalación de nova sinaléctica que indique a ubicación do Centro de Acollida de Peregrinos. Martiño Noriega comprometeuse a axilizar no posible a súa instalación, e anunciou que as obras menores solicitadas polo Deán irán á Comisión Asesora de Casco Histórico do próximo martes.

Compartir: