DEPORTE

O alcalde e a concelleira de Deporte reciben os participantes do Club de Natación Cidade de Santiago no Campionato Galego Alevín

25/02/2016 O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Deportes, Noa Morales, recibiron esta tarde no Pazo de Raxoi aos 15 membros do Club de Natación Cidade de Santiago que participaron no Campionato Alevín Galego de Natación, celebrado o pasado fin de semana en Santa Isabel.

O Concello de Santiago quixo así recoñecer o labor deste equipo nas competicións nas que participou, onde obtiveron moi bos resultados. Ese foi o caso de Carlota Villaverde, Igor Arce e Alejandro Passaretti, convocados pola Federación Galega de Natación para representar a Galicia no Campionato de España por Comunidades Autónomas.

Éxitos deportivos
O Club de Natación Cidade de Santiago proclamouse campión galego absoluto en categoría masculina na temporada 2013-2014. Alejandro Passaretti foi medalla de bronce en 400 m libres no Campionato de España Junior.

Na temporada 2014-2015 foron terceiros clasificados na División de Honor e campións galegos absolutos en categoría masculina. Alejandro Passaretti alzouse coa medalla de bronce en 200 m libres no Campionato de España Junior nese mesmo ano.

Compartir: