TURISMO

Lavacolla supera os 148.000 pasaxeiros en xaneiro, cun crecemento do 16,9%

12/02/2016 Segundo os datos que vén de facilitar AENA, o aeroporto compostelán de Lavacolla alcanzou neste mes de xaneiro os 148.246 pasaxeiros, o que supón un crecemento do 16,9% respecto ao mesmo mes do ano anterior.

O aeroporto tivo 21.414 pasaxeiros máis que en xaneiro de 2015. Este incremento do 16,9% supón mesmo superar a cifra de xaneiro de 2011, o mellor ano na historia do aeródromo compostelán. A suba deste mes sitúase tamén por riba da media da rede de AENA, que en conxunto medrou un 12,3%.

Do total de pasaxeiros, 127.513 realizaron traxectos nacionais e 20.614 internacionais. En canto a operacións, en Lavacolla rexistráronse 1.400 operacións, das que 1.310 foron voos comerciais: 1.124 nacionais e 186 internacionais.

A terminal de carga de Lavacolla moveu un total de 163 toneladas de mercadorías no mes de xaneiro.

Compartir: