MOBILIDADE

Celebrada o segunda reunión plenaria do Pacto pola Mobilidade

02/02/2016 Este martes celebrouse no Auditorio de Galicia o segundo plenario dentro dos traballos previos á elaboración do Plan de Mobilidade. Esta segunda reunión centrouse no transporte público e tivo como relator principal a Carlos González Lozano, director xeral do Consorcio de Transporte de Asturias. Ademais das súas aportacións, recolléronse as de todos os participantes na xuntanza, para despois incorporalas ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible.

Este mesmo mes de febreiro celebrarase un terceiro plenario, neste caso centrado nos modos brandos de transporte, con especial atención ao uso peonil e á utilización da bicicleta.

De cara á redacción do Plan de Mobilidade, a cidadanía en xeral pode seguir facendo as súas aportacións a través da páxina web www.santiagodecompostela.gal/pactomobilidade, e da conta de Twitter de @maisbus, co hashtag #MoveCompostela.

Compartir: