ALCALDÍA

O alcalde visita Figueiras para coñecer as necesidades da parroquia

01/02/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse cos veciños da parroquia de Figueiras para coñecer in situ as necesidades da zona. Visitou lugares coma o campo da festa, a estación de bombeo de Folgoso, Codesedas, a corredoira de Correxín, Eira Vella, Chancela ou as Moas.

A Asociación de Veciños Nova Xeira de Figueiras amosoulle ao alcalde os avances feitos en materia de rozas polo concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, e as necesidades da parroquia, que pasan polo mantemento, a limpeza de beirarrúas e a prevención de incendios.

O alcalde tomou conta das demandas veciñais, priorizando as que teñen que ver coa prevención de incendios, nun área cualificada de alto risco.

Compartir: